As luces de Nadal de Vigo

A día de hoxe xa debe haber pouca xente no Estado español que non coñeza Vigo polas luces do Nadal.

O excéntrico alcalde Abel Caballero conseguiu posicionar a cidade no mapa dos eventos navideños sen moito esforzo e en pouco tempo. O discurso histriónico e o desplegue económico e de recursos fan de Vigo un foco lumínico que, no mes de Decembro, posiblemente poida verse dende a nave espacial de Jeff Bezos.

Canto custan as luces de Vigo?

Hai quen o ve como gasto, hai quen o ve como inversión. A realidade é que as luces de Nadal cústanlle á cidade 825.000 euros, ou o que é o mesmo, 2,74 euros a cada persoa empadroada en Vigo.

A cidade olívica ten o primeiro posto en gasto de luces de Nadal de todo o Estado.

Por detrás de Vigo virían, nesta orde:

  • Xixón:

Aos habitantes da cidade asturiana, o alumeamento do Nadal cústalles 2,06 euros por persoa.

  • Málaga:

O engalanamento da mítica rúa Larios (e o resto da cidade) cústalle a cada malagueña e malagueño 1,41 euros para iluminar os 730.000 puntos de luz.

  • Madrid:

A capital do Estado é tamén a cidade máis grande de España. Pese a iso, está nun cuarto posto de gasto de alumeamento de Nadal por persoa. Este dato é un pouco enganoso xa que Madrid ten unha poboación moi superior á de VIgo, por exemplo, por iso a cada madrileña e madrileño, o engalanamento da cidade sáelles a 0,93 euros por persoa.

  • Sevilla:

A capital andaluza hai moitos anos que ten sona polo seu desplegue de luces durante a Feira de Abril. Durante o Nadal, a iluminación cústalle ás e aos sevillanos 0,62 euros a cada un.

11 millones de luces led

Visto que ás e aos vigueses é aos que máis lles custa a iluminación de Nadal, a nosa recomendación para aforrar un pouco cos novos tramos da luz, é que prendan o alumeado só nas fins de semana. Total, vai ser cando máis poidan desfrutalas que entre semana, pouco se anda por aí, non?