Estudio luz

A importancia da luz no estudo: cal é a mellor luz para ler?

Numerosas investigacións teñen confirmado que o tipo de luz e o uso da mesma son un factor chave na obtención de mellores ou peores resultados no estudo. A luz pode determinar o rendemento ata un 73%. Parece, pois, un elemento ao que prestarlle atención.

Durante o proceso de lectura e escritura é fundamental que a luz non só non incomode se non que facilite todo o posible o esforzo.

O que parece unha obviedade (mellor usar algo que axude e non algo que entorpeza) non resulta despois tan frecuente que o utilicemos ben.

Danse moitísimos casos de estudantes que fan un sobreesforzo durante a lectura, o que ten consecuencias negativas evidentes á hora de procesar e fixar a información.

Que tipo de luz é a máis axeitada?

Nos cuartos, as persoas tendemos a ter luz cálida. Esta luz indícase no fogar para crear entornos agradables e relaxantes. Por isto mesmo, non é a adecuada para o estudo. 

Tense constatado que a luz que mellores resultados produce no estudo é a fría (4000 e 5000k). Este tipo de luz “obriga” a que fixemos a vista en distancias curtas, aumentando considerablemente a concentración.

Como usar a luz no estudo

  • A estancia ou o espazo de traballo debe estar iluminado dende arriba e de maneira uniforme. 
  • A pantalla do dispositivo que empreguemos, deberá estar escurecida ao 80% para evitar danar a vista.
  • Evita reflexos en superficies brillantes.
  • Sae do entorno lumínico de traballo cada hora durante 5 minutos e procura mirar por unha xanela ou ao lonxe para descansar a vista.