Mercado libre e mercado regulado
octubre 30, 2020 0 Categories Noticias

Mercado libre e mercado regulado, sabes cal é a diferenza?

A factura da luz foi tradicionalmente en España un dos gastos familiares máis opacos e que suscitaron máis desconfianza, sobre todo por unhas facturas pouco claras ou mesmo incomprensibles. 

Neste sentido, e segundo sinalou no seu último informe a Comisión Nacional do Mercado e da Competencia (CNMC), a maioría dos cidadáns non entende a súa factura nin tampouco saben se pertencen ao mercado libre ou ao mercado regulado. Condición que normalmente descoñecemos pero que afecta, e moito, ao noso gasto mensual en enerxía eléctrica.

Ese descoñecemento do tipo de subministro que o particular ten contratado inflúe na súa capacidade de decisión e crea a falsa impresión de que non existen alternativas máis económicas e eficientes para os nosos fogares.

Pero, que diferenzas hai entre o mercado regulado e o mercado libre de enerxía. 

Diferenzas entre mercado libre e mercado regulado

A diferenza fundamental entre estes mercados está no prezo. No mercado regulado a tarifa que se aplica é a chamada PVPC (Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor), tarifa que é establecida polo Goberno atendendo á demanda de enerxía eléctrica que exista nese momento. É por iso que se estás no mercado regulado o prezo que pagas pola luz variará continuamente e dependerás das continuas poxas do mercado da enerxía (o denominado pool eléctrico). Polo tanto resultarache practicamente imposible facer un cálculo de canto vas pagar ao rematar o mes.

Factura luz Enerxía Galega Máis
Esquécete das facturas indescifrables se vés a Enerxía Galega Máis

Sen embargo, no mercado libre acontece algo semellante a outros sectores que foron liberalizados como o da telefonía. Así, a compañía comercializadora pode ofrecerlle ao consumidor unha tarifa libre e fixa que non está regulada e establecida polo Goberno como si acontece no mercado regulado. Neste caso si saberás con antelación canto pagarás cada mes na túa factura da luz.

A que mercado pertence Enerxía Galega Máis?

Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega, pertence desde a súa creación a ese mercado libre de enerxía. Isto permítenos ofrecer unhas tarifas libres, económicas e adaptadas ás necesidades de cada usuario. 

Con Enerxía Galega Máis saberás de antemán canto pagarás ao final de cada mes e a túa factura será clara, sinxela e sen sorpresas que te obriguen a pagar demais. 

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es.