
Deshumidificadores: consellos antes de mercar un
A humidade é un problema frecuente nos fogares galegos.
A humidade, non só aumenta a sensación térmica de baixa temperatura. Pode estragar tecidos e mobles, dar lugar a fungos e provocar alerxias o dores articulares.
Ademáis das cuestións estructurais e de illamento da vivenda, un complemento para paliar a humidade no fogar é facerse cun deshumidificador.
Antes de decidirte por un, recomendámosche ler os consellos que che expomos neste artigo.
Cuestións a ter en conta antes de mercar un deshumidificador
- O tamaño da habitación:
A capacidade de extracción que precisas depende do grande que sexa o espazo no que o queiras usar. Así mesmo, se vas mercar un deshumidificador para un lugar de traballo non precisas a mesma potencia que para unha habitación na que habitualmente tendas a roupa durante o inverno. O cálculo habitual é: para unha habitación duns 50 metros, a capacidade do deshumidificador habería de ser dus 20 litros cada 24 horas.
- O consumo eléctrico:
Ten en conta que o deshumidificador é un aparato que bota moitas horas aceso durante o inverno. Fíxate ben en que o consumo eléctrico que faga sexa o menos elevado posible.
- Tamaño e ruído:
As dimensións do deshumidificador van depender de se o uso que vas facer del é fixo ou móbil. De pouco vale que merques un “pepinazo” de aparello que despois non poidas mover con facilidade segundo che vaia facendo falla. En canto ao ruido, tamén inflúe o tipo de uso. Non importa tanto se o vas ter nun lugar da casa coma unha lavandería, pero o ideal é que sexa o máis silencioso posible. A recomendación é que non supere os 40 dB de ruido.
- Automáticos:
Moitos deshumidificadores contan cunha ferramenta de autorregulación coa que poden ser programados para detectar un nivel determinado de humidade e conectarse automáticamente sempre que iso suceda.
- Filtros:
A maior parte destes aparellos teñen incorporado un sistema de filtración que hai que manter en condicións óptimas para o seu correcto funcionamento. Fíxate en que sexan filtros de extracción e limpeza sinxela antes de mercar un.

Que tipos de deshumidificadores hai?
- Deshumidificadores sen compresor:
A principal característica é que non precisan electricidade. Funcionan absorvendo o exceso de humidade do aire.
Son silenciosos, ecolóxicos e axudan a mellorar a calidade do aire e eliminar cheiros.
- Deshumidificadores con compresor:
Son os máis habituais. Teñen un depósito no que se almacena a auga que recollen e funcionan mediante electricidade. Aspiran o aire húmido e convérteno en aire seco.
- Deshumidificadores desecantes:
Funcionan con ións ou xel de sílice. Utilízanse en espazos con temperaturas moi frías. Non son de uso recomendado para o fogar.
Esperamos terte axudado a decidir o tipo de deshumidificador que máis se adapta ás túas necesidades.