Nadal low cost

Non están as cousas como para tirar cos cartiños, asique imos ver opcións chulas e baratas para ter un Nadal bonito, completo e low cost!

Decoración low cost:

Non nos fan falla as luces para nada. Hai miles de posibilidades de decoración con papel, cartolina ou reciclaxe que, ademáis de quedar moi bonitas, son un pasatempo xenial para compartir coas pequenas e pequenos da casa.

Centros de mesa ecolóxicos

Gústanos moito a idea de utilizar natureza para as decoracións. Con follas, flores secas ou estas con piñas pintadas, poden ser as nosas decoracións tanto para a mesa como para recunchos da casa.

Unha árbore de Nadal diferente

A reciclaxe é unha das nosas teimas. Reutilizar non é só unha maneira de minimizar resíduos, senon unha forma moi orixinal e creativa de decorar. Gustounos moito esta árbore de nadal feita con tapas de café, pero tamén podedes facer a vosa árbore con cús de botellas, tapas de botes de conservas ou calquer outro material desbotable. 

Aforro de enerxía

O forno é un dos electrodomésticos que máis consume. Cun chisco de organización, podedes acendelo un só día e aproveitar ao máximo a calor residual. 

  • Se ides asar algo que leve tempos longos, empregade primeiro o forno para biscoitos, galletas ou postres que precisen repouso. 
  • Organizade a cea ou o xantar de maneira que, aquelas cousas que cociñedes asadas, vaian primeiro para poder quentar ou templar outros pratos coa calor que garda o forno.
  • Non teñades medo de conxelar pratos que despois vaiades servir a temperatura ambiente coma as empanadas. Iso si, calquera cousa que entre ao conxelador ha de estar totalmente enfriada. Evitaredes estragar outros alimentos, aforraredes consumo de enerxía e non estragaredes o electrodoméstico.