Negocios

Tarifas de luz
para o meu negocio.

Coñece as tarifas que che propoñemos para o suministro eléctrico da túa empresa.
Co teu consumo actual podes calcular o que pagarás con cada tarifa.

Tarifa
Máis estable

Porque no teu negocio non che gustan as sorpresas, lanzamos a oferta que máis se axusta ós pequenos negocios.
Paga tódolos meses a enerxía ó mesmo prezo. Para que poidas planificar tódolos teus gastos e o teu negocio sexa MÁIS ESTABLE.

Se aprezas que as túas facturas sexan parecidas e así non ter sorpresas nos pagos dos teus suministros, esta é a túa modalidade.
Controla os pagos do teu negocio e así terás máis fácil o control dos teus gastos. O prezo fixo/kw da tarifa MAIS ESTABLE fará que poidas ter ti o control de gastos cada mes.

Tarifa
Máis axustada

Se o que che vai é pagar sempre o prezo máis baixo, escolle a oferta na que, cada mes, buscamos o prezo máis baixo de enerxía.
Porque sabes que nos meses de moito consumo cada kw conta. Por iso  o teu negocio contará coa tarifa MAIS AXUSTADA. 

Se eres dos que aposta por aforrar, aínda que algún mes a factura sexa máis alta, esta é a túa tarifa.
Prezos referenciados ó mercado eléctrico fan que históricamente os clientes aforren máis nesta modalidade pero ¡OLLO! Históricamente tamén hai meses nos que o mercado está á alza e supón iso que ditos meses o coste do kw suba.
Se non lle tes medo a eses meses nos que pode ser que pagues máis o prezo do kw e ves o aforro a 12 meses, esta é a túa modalidade. 

¿Non te decides?
Axudámoste a escoller

Descobre a nova experiencia que che permitirá coñecer qué opcións de luz, gas e luz + gas axústanse mellor para o teu negocio.
En Enerxía Galega Máis botámosche unha man para elixir entre tódalas nosas tarifas dispoñibles e comparar prezos.