Nova normativa de gas

Nova normativa de tarifas de acceso de gas e normativas do sistema

Dende o 1 de outubro entrou en vigor a nova normativa de peaxes de acceso ao gas natural, como se recolle na Circular 6/2020, de 22 de xullo, da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

No artigo de hoxe veremos como afecta a nova lexislación nas e nos consumidores.

Cambios nas peaxes de acceso

As peaxes son aquelas contribucións dos e das usuarias que se destinan ao pago de transporte, regasificación e distribución do gas. A maiores, pagamos tamén os cargos do sistema, que gravan todos aqueles custos non vinculados ao uso das instalacións.

O cambio nestas peaxes e cargos ven dada pola necesidade de adaptarnos ás esixencias da Comunidade Europea.

Entre outras cousas, conleva a redefinición do ano gasista, que xa non será un ano natural como ata agora, senon que pasa a contarse dende o 1 de outubro ao 30 de setembro.

Crearanse, tamén, novas tarifas que estarán determinadas única e exclusivamente polo consumo do punto de suministro.

 A nova metodoloxía suporá, en principio, un custo menor para a e o usuario xa que supoñen unha subida na parte regulada do termo fixo pero unha baixada no termo variable, que debería diminuír a factura mensual.

Cales son os cálculos segundo a nova metodoloxía

O cambio máis significativo é o que fai referencia ás peaxes de acceso ás redes locais que, co obxectivo de personalizar as peaxes ao consumo de cada persoa usuaria, crearon diferentes grupos de tarifas.

Deste xeito, co cambio no cálculo das peaxes e os cargos, calcúlase que poderiamos chegar a aforrar ata un 25% da factura do gas.

Novos grupos tarifarios:

Peaxe de Rede Local (R.L.)Consumo anual
R.L. 1Ata 5.000 kWh
R.L. 2Ata 15.000 kWh
R.L. 3Ata 50.000 kWh
R.L. 4Ata 300.000 kWh

O cambio nas peaxes non afecta de ningunha maneira ao que xa teñamos contratado, simplemente se actualizarán as nosas Tarifas de Acceso. Manteremos o preoduto que xa teñamos contratado ao que se lle aplicará o prezo segundo as novas peaxes e cargos.