tarifa da luz

En nada dará comezo un novo curso escolar, un momento do ano que nos vale para fixar novos obxectivos e propósitos. Por que non facer que un deles sexa aforrar na factura da luz?

Primeiros pasos para aforrar na factura da luz

É moi posible que nunca lle adicases tempo a facer un pequeno estudo sobre os teus hábitos de consumo. As horas que estás fora da casa, os electrodomésticos que máis empregas, cantas persoas compartides a vivenda ou o tipo de ocio que tes no fogar, son factores determinantes para decidir que tipo de tarifa é a que mellor se adapta ás túas necesidades e, polo tanto, cal é a máis rendable económicamente para ti e os teus.

Afortunadamente, nós facemos por ti ese traballo!

A través do nosos formulario de contacto podes solicitar unha chamada con algunha das nosas expertas ou expertos que che axudarán a definir que tarifa é a que máis che cómpre.

Cales son as posibles tarifas da luz?

Tarifa Máis Aforro:

Con este modelo de contabilización pagas o prezo do kw dependendo do prezo do mercado eléctrico que marque e regule a REDE ELÉCTRICA DE ESPAÑA cada mes.

Con este tipo de tarifa consegues aforrar con respecto aos prezos fixos.

Tarifa Máis Segura:

Independentemente do que ocorra no mercado eléctrico, só pagarás polo que consumas a un prezo fixo durante todo o ano. É unha tarifa ideal para evitar sorpresas e para orzamentos tanto familiares como de negocio a medio prazo.

Tarifa Máis Plana:

Máis confort e menos preocupación. Esta tarifa baséase na confianza xa que che ofrecemos pagar o mesmo cada mes, independentemente do teu consumo. Ademáis, con esta tarifa fixa podes acceder a un 20% do teu consumo anual sen sobrecustos no caso de que o precises. É un puntazo, non si?