julio 5, 2018 0 Categories Novas

O momento de apostar polas enerxías renovables

Despois de moito tempo de negociacións chegou a nova: hai un acordo sobre a porcentaxe mínima de enerxía fina que terá que ser de orixe renovable en Europa. Na madrugada do xoves 14 de xuño o Parlamento Europeo, o consello e a comisión Europea acadaban unha decisión que foi recibida con esperanza polo sector das enerxías renovables. E tamén pola poboación, que demanda unha enerxía limpa e sostible.

Fronte aos países máis conservadores, que avogaban por un 27% de enerxías renovables; pero lonxe do 35% que propuxo nun principio a Eurocámara, finalmente alcanzouse un acordo en torno ao 32%. Deste xeito os 28 países aceptan que o 32% de toda a enerxía consumida en Europa a partir de 2030 ten que ser de orixe renovable.

Ademais está previsto que en 2023 se faga unha revisión do acordo coa esperanza de poder modificalo á alza, acadar ese 35% e así adaptarse á realidade e actualidade do momento.

Este feito, xunto ao movementos políticos que parecen aceptar cada día máis á necesidade de facer un cambio na forma de producir e consumir enerxía actual, fai que o sector sexa cada vez máis receptivo ás enerxías renovables. É necesario apostar en  innovación neste campo, para poder lograr tecnoloxías máis económicas coas que substituír as enerxías non renovables por renovables en todos os ámbitos posibles.

 

Que supón este acordo?

Para poder acadar esta porcentaxe de enerxías renovables, os países da Unión Europea terán que facer un esforzo en inversión e innovación.

Cada país individualmente e a Unión Europea de xeito colectivo terán que realizar inversións no sector. Isto supón un impulso para os profesionais do mesmo, que durante a crise estiveron nunha posición moi complicada.

Nestes intres nos atopamos nun 17%, polo que é necesario poñer o é no acelerador para case dobrar esa porcentaxe. Aínda que non se lograra acordar os ansiados obxectivos para cada país, o acordo si é unha boa nova para avanzar cara os compromisos do Acordo de París e para aumentar a tan necesaria inversión neste tipo de enerxías.

 

É por isto que este é o momento de apostar polas renovables e crear un sector forte e de futuro. Lograr crear máis emprego, innovar nas tecnoloxías, reducir as facturas e facer unha rápida transición cara enerxías máis limpas serán os retos do sector.

En Enerxía Galega Máis, como comercializadora eléctrica de enerxía de orixe galega e 100% renovable nos alegramos deste paso. Ademais da acción dos gobernos, os cidadáns e cidadás tamén teñen poder na transición cara unhas enerxías máis limpas. Por exemplo, contratando servicios como os nosos, que garanten enerxías limpas.

Non te quedes atrás e únete a Enerxía Galega Máis! Contacta con nós ao 900 373 371 ou en clientes@enerxiagalegamais.es.