agosto 24, 2018 0 Categories Novas

O transporte eléctrico, futuro da sostibilidade

Un dos sectores que teñen contribuído a agravar o fenómeno do cambio climático e que, polo tanto, podería tamén aportar moito á solución do mesmo é o do transporte. Por poñer un exemplo, nunha cidade como Madrid, o transporte é o responsable de máis do 40% dos gases contaminantes que se xeran.

O principal problema derivado deste son as emisións á atmosfera da condución por carreteira. A combustión destes motores produce CO”, monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, óxidos de sufre, partículas en suspensión e compostos orgánicos volátiles.

Por razóns evidentes a sociedade e os gobernos están poñendo o foco neste sector. É por isto que en setembro deste ano entrará en vigor a nova norma Euro 6, que regulariza as emisións dos vehículos. Todos os que se matriculen en Europa deberán cumprir coa normativa Euro 6c, que releva á euro 6b, e inclúe novos protocolos e test para calcular as emisións que son moito máis esixentes.

Pero este é un pequeno paso que, aínda que na correcta dirección, é aínda insuficiente.  É necesario un cambio estrutural e un compromiso internacional pola aposta por transporte menos contaminante e eléctrico, cuxa enerxía proveña preferiblemente de fontes renovables.

Electricidade: alternativa ao combustible

Para que o sector do transporte poda volverse sostible e ecolóxico, reducindo as súas emisións e sendo máis eficiente, terá que varias os combustibles e tecnoloxías que utiliza. A principal saída a este problema é fomentar a electricidade como a alternativa de futuro ao combustible convencional. Pero non unha electricidade calquera. Se esta procede de centrais fósiles (gas, carbón, petróleo), o problema seguirá sendo o mesmo. Para poder resolver isto, só cabe unha posibilidade: dar paso á electricidade que, como a que comercializamos dende Enerxía Galega Máis, procede de fontes de enerxía 100% renovables.

Os coches eléctricos e híbridos e a xeración e venda de enerxía eléctrica verde son dous accións que debe ir da man. Ademais, é necesario arranxar os dous temas que máis preocupan a unha persoa ante a compra deste tipo de vehículos: a súa pouca autonomía e a falta de puntos de recarga ou conexión á rede eléctrica.

Ambos problemas están sendo estudiados. Cada día hai máis tecnoloxías innovadoras que melloran a autonomía dos coches eléctricos e estanse instalando puntos de recarga eléctrica en lugares como os aparcadoiros ou gasolineiras tradicionais. O ideal sería que esta electricidade sexa de procedencia renovable, pois é a única maneira de cambiar realmente o sector. Ademais, existen axudas para este tipo de vehículos, como o Plan de Apoio á Mobilidade Alternativa (Movalt) aprobando o ano pasado, que non só axuda na adquisición dos vehículos eléctricos, senón que tamén incentiva a instalación de puntos de recarga.

Outra opción para combater este hándicaps son os híbridos enchufables.

 

Os coches híbridos enchufables

Este tipo de vehículos combinan de algunha maneira, o mellor dos coches de combustión e dos eléctricos; xa que teñen un motor de cada tipo. Mentres que o híbrido non enchufables cárganse grazas a que acumulan enerxía en retencións ou freadas, o que si se pode conectar á rede presenta varias vantaxes. Por un lado, podemos elixir que a enerxía eléctrica que estamos consumindo sexa de orixe renovable, segundo a comercializadora que teñamos contratada.

Por outro lado, permítelle ter unhas baterías de 20 ou 30 capacidades, o que lle outorga moita máis autonomía en modo eléctrico. E aparte contas coa posibilidade de usar o motor de combustión cando o necesites.

Estes coches poderían ser unha sorte de transición aos completamente eléctricos, que de alimentarse de enerxía renovable reducirían a emisión de gases tanto na produción da electricidade como o propio uso do transporte.

Beneficios ecolóxicos e económicos

Buscar e incentivar un sector do transporte verde, no que se vaian renovando os vehículos de combustión por outros eléctricos, traería numerosas vantaxes e beneficios. Por exemplo, para o emprego, pola cantidade de novos traballos que habería que crear. Por outro, para a saúde. Segundo datos do Ministerio do Medio Ambiente en España prodúcense 16.000 morte prematuras ao ano relacionadas coa contaminación atmosférica.

E a maiores, o obvio beneficio ambiental que conlevaría eliminar ou reducir a emisión de case a metade dos gases contaminantes.

Por todo elo, o transporte situouse o centro do debate medio ambiental e da transformación social e produtiva necesaria para contrarrestar o cambio climático. Incentivar o transporte eléctrico é a maneira principal para encamiñarnos cara o cambio de modelo que desde Enerxía Galega Máis cremos que es posible.