impostos factura luz

Os impostos que afectan ao encarecemento da túa factura da luz

O Estado español é un dos Estados con maior carga impositiva no suministro da luz. Vexamos que tipo de gravame e de que maneira afecta ao que pagamos de luz.

Tipos de impostos sobre a luz

Fundamentalmente son dous os impostos que pagamos pola luz:

  1. Imposto sobre a electricidade.

Trátase dun imposto especial coma os que se lle aplican á gasolina ou ao tabaco. Este tributo grava o suministro da enerxía eléctrica. Supón o 5,12% do que pagamos de luz. Enténdese (aínda que poida suscitar controversia) que é polos gastos de distribución. É un imposto que ven herdado do gravame ao suministro do carbón no século pasado.

  1. O outro grande imposto que grava a luz é o IVE. Aplícase ao 21% e supón o verdadeiro encarecemento da nosa factura. É o gravame máis cuestionado. Por unha banda, resulta moi chamativo a aplicación de dous impostos de recadación estatal a un mesmo produto e por outro (e máis sangante) suscita controversia que se aplique ao 21% sobre un ben de primeirísima necesidade como é a electricidade. 

Cando se lle ten reclamado ao Estado a regulación do IVE na enerxía eléctrica, este ampárase en que funciona de maneira uniforme para toda a Unión Europea e que esta non aprobaría unha modificación do tributo de forma unilateral.

Se ben, isto non é exactamente certo xa que cada país tributa unha porcentaxe distinta. O Estado español está no 10% dos que aplican o 21% xunto con Países Baixos, Bélxica, Lituania, Letonia e República Checa. 

Países coma Dinamarca téñeno ao 25%. Pero países coma Alemaña, sen embargo, tributan o 19%.

Ante a nova situación do prezo da luz, o Goberno optaba no mes de xuño pola reducción do IVE sobre a luz ao 10% o que se traducirá nun aforro de 5€ (aproximadamente) na factura da luz dos consumidores particulares medios.