¡escríbenos! 900373371

POR QUE ENERXÍA GALEGA MAIS?

Somos galegos. Coma ti.

Se as grandes empresas confían en nós, por algo será

Enerxía Galega Máis pertence a un grupo con máis de 250000 clientes. É imposible que 250.000 persoas e empresas estean equivocadas. E ti, en quen confías?

Os nosos compromisos

Máis do 25% do que pagas de factura reverte directamente para mellorar os recursos dos galegos. Fai iso a túa compañía?

Nunca teremos un ministro no noso consello de administración

Non cobramos por cousas que non precisas

Servizo técnico

Sabías que o servizo técnico é o mesmo teñas con quen teñas a túa factura da luz?

Se tes unha avaría ou calquera inconveniente no teu domicilio ou na túa empresa,  garantímosche que o tempo de reparación é o mesmo teñas con quen teñas o contrato da luz

Atención al cliente

Podes facer todas as túas consultas no noso teléfono gratuíto 900373371

A compañía eléctrica EGM pode presumir de non ter ningún tipo de reclamación de clientes en ningún organismo oficial. Por algo será. O noso valor máis importante é a importancia da palabra.

Preguntas frecuentes.

Que é o CUPS?

 As siglas  CUPS son as iniciais de Código Universal de Punto de Suministro, unha clave de 20 ou 22 díxitos alfanuméricos que é imprescindible para certificar o teu abastecemento de enerxía. O teu suministro de luz ten un  CUPS. O teu suministro de gas, outro  CUPS diferente.

Quen é Enerxía Galega Máis?

Somos unha empresa nova e moi áxiles á hora de adaptarnos ao mercado actual, Non nos viu no anuncio da tele? Somos a principal comercializadora de luz e gas 100% galega.

Como podo contratar con Enerxía Galega Máis?

Podes contratar os nosos servizos, sempre que a túa vivenda ou empresa estea en España dentro da península. Para iso, chama ao noso número de teléfono gratuíto 900 373 371, contactando con algún dos nosos sempre  disponiblos axentes de asistencia por chat nesta web ou mesmamente realizando a contratación ti mesmo nesta web. É  rapido e sinxelo!.

Que preciso para cambiar a Enerxía Galega Máis?

    • Debes de ter a man os datos correspondentes á túa subministración (normalmente fáciles de atopar nos teus recibos actuais de luz) que poden ser  CUPS, Dirección de subministración, conta para domiciliación, etc…

Como podo contactar para pagar facturas pendentes?

Se queres realizar un pago dunha factura pendente, podes chamar ao noso teléfono 900 373 371 ou enviarnos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es, indicándonos cando podemos poñernos en contacto contigo.

Podo contratar Enerxía Galega Máis en toda España?

De momento en toda a península é posible contratar connosco, proximamente tamén posible nas illas Canarias.