Particulares

Tarifas de luz
para o meu fogar.

Coñece as tarifas que che propoñemos para o teu suministro eléctrico.
Podes calcular o que pagarás en cada tarifa co teu consumo actual.

Tarifa
Máis segura

Unha tarifa onde poderás poñer a lavadora cando che pete, sen preocuparte por molestar ós veciños.
Consume cando che interese, non cando te deixen. E sempre ao mellor prezo.

Aforra con confort coa tarifa eléctrica MÁIS SEGURA.

Se o que queres é manter un prezo fixo durante todo o ano, á marxe do que aconteza no mercado eléctrico e non ter sorpresas na túa factura, esta é a túa tarifa.
Só pagas polo que consumes a un prezo fixo o kw. Desta maneira, tes a certeza de que o que pagas é a seguridade de que non vas a ter sorpresas na túa factura.

Tarifa
Máis aforro

A tarifa que máis baixa o prezo.
Procuramos para ti o prezo máis baixo dentro do mercado da enerxía, para que sempre pagues o menos posible. Para ter máis cartos para ti, o que precisas é MÁIS AFORRO.

Se o que queres é ter como referente os movementos do mercado eléctrico para buscar aforro na túa factura, esta é a túa modalidade.
Pagarás un prezo por cada kw (diferente cada mes) dependendo do prezo do mercado eléctrico marcado e regulado pola REDE ELÉCTRICA DE ESPAÑA .

Este tipo de tarifas históricamente aforran fronte ós prezos fixos.

Ollo!

Ten en conta que o mercado sube e baixa cada mes, polo que pode haber meses nos que a enerxía estea á alza e pagarías máis ese mes. Non quere decir iso que perdas cartos (nun ano) respecto ó prezo fixo, pero teno en conta para non poñerte nervoso si acontecese.

Tarifa
Máis tarifa plana
Cada mes o mesmo, consumas o que consumas.

O máis plano do mercado. Cada mes terás o mesmo importe exacto, sen lugar a regularizacións, sen sustos e co máximo confort.

Podes dispoñer dun 20% máis do teu consumo anual sen sobrecostes, sen regularizacións. Esta tarifa ten un pequeno inconveniente: a honestidade de ambas partes, ante todo. Nós prometemos cumprir a nosa parte.

Se eres dos que prefire confort sen preocuparse e ter os teus gastos controlados a túa tarifa é a MAIS PLANA. Con esta tarifa pagarás unha cuota fixa, sen subidas nen baixadas e, sobre todo, con confort, moito confort.
Esta modalidade baséase na confianza; consume, pero falo ti non tódolos veciños enganchados ó teu contador, ¡que nos imos enterar!

¿Non te decides?
Axudámoste a escoller

Descobre a nova experiencia que che permitirá coñecer qué opcións de luz, gas e luz + gas axústanse millor para o teu fogar.
En Enerxía Galega Máis botámosche unha man para elixir entre tódalas nosas tarifas dispoñibles e comparar prezos.