fbpx
patinete eléctrico
enero 29, 2021 0 Categories Enerxía Galega Máis

Un patinete eléctrico, paga realmente a pena?

A necesidade dunha maior mobilidade nunhas rúas ateigadas de coches fixo que un medio de transporte se volvera moi popular nos últimos anos. Falamos dos patinetes eléctricos. Pero, realmente paga a pena adquirir un destes vehículos para movernos pola cidade. Neste post ímosche contar cales son as vantaxes, e tamén cales son os inconvintes, de apostar por este método de mobilidade persoal.

Vantaxes dos patinetes eléctricos

  • Mobilidade máis rápida. Esta é probablemente a maior das vantaxes dos patinetes eléctricos. Se vives preto do traballo ou precisas dunha maior mobilidade no día a día o patinete é unha boa opción. Grazas á súa versatilidade e portabilidade moverse pola cidade con el e deixalo aparcado será moi sinxelo.
  • Son económicos. Usar o coche ou o transporte público todos os días pode comportar un gran gasto no final do mes. Por iso, se optamos por un patinete para distancias curtas aforraremos moito diñeiro. Estes vehículos teñen un consumo moi reducido e as súas baterías eléctricas cada vez duran máis e son máis eficientes.
  • Evitas o caos propio do entorno urbano. Baixar ao centro da cidade cun coche pode resultar unha auténtica odisea. A falta de aparcamento e os atascos poden facernos perder moito tempo…e diñeiro. Un patinete, sen embargo, ten unha maior mobilidade e permitiranos chegar en moi pouco tempo ao noso destino.

Cales son os principais inconvintes?

  • Seguridade. Como acontece noutros medios de transporte semellantes, como as motocicletas, no caso de termos un accidente contra un vehículo máis grande nós levamos as de perder. Ademais, a obrigación de circular pola calzada e a velocidade limitada dos patinetes pode provocar situacións de risco cando nos adiantan en vías de dobre sentido. E en rúas de plataforma única de prioridade peonil haberemos de ter moito coidado de non bater contra ningún peón.
  • Falta de puntos de recarga. Aínda que os patinetes cada vez son máis eficientes e teñen maior autonomía é posible que quedemos sen carga durante o traxecto. En Galicia os puntos de carga nas rúas son aínda moi escasos polo que este sería outro dos aspectos a ter en conta para decidirnos ou non por un patinete eléctrico.

No caso de que decidas por un patinete eléctrico tamén deberías ter en conta o seu gasto enerxético no fogar. Aínda que o seu consumo non é moi grande sempre poderemos aforrar se temos contratada a nosa luz con comercializadoras independentes como Enerxía Galega Máis.

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.

Leave a Comment

Your email address will not be published.