Por que che compensa unha tarifa libre?

As tarifas libres de enerxía seguen sendo unhas das grandes descoñecidas polos consumidores e aínda a día de hoxe, case 25 anos despois da liberalización do mercado enerxético, a maioría das familias descoñecen se están no mercado regulado de enerxía ou pola contra pertencen ao mercado libre. Un mercado libre que posibilita que as comercializadoras independentes como Enerxía Galega Máis ofrezan tarifas flexibles e adecuadas a cada cliente.

Pero antes de profundar sobre as vantaxes de apostar por tarifas libres convén repasar que significa estar no mercado libre ou no mercado regulado.

Mercado libre ou regulado, cal é a diferenza e como inflúe na miña factura

No mercado regulado a tarifa que se che aplicará será a chamada PVPC (Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor). Esta tarifa vén regulada polo goberno atendendo á oferta e á demanda de enerxía no momento de ser subastada no chamado “pool enerxético”. Esa poxa provoca unha continua fluctuación de prezos na enerxía que pode ser gravosa para os consumidores que teñan contratado o PVPC. Sempre vai haber horas moito máis caras ca outras e nós non poderemos facer nada ao respecto.

Porén, no mercado libre de enerxía as empresas comercializadoras poden establecer tarifas libres non reguladas nin fixadas polo goberno. Isto permite unha maior flexibilidade para o consumidor e a posibilidade de obter un maior aforro.

Tarifas do mercado regulado ou tarifas do mercado libre? 

Esta é un das preguntas máis recorrentes entre as persoas que queren mudar a outra compañía eléctrica e buscan uns prezos competitivos que lles permitan reducir o importe da súa factura mensual. Así, para axudarte a decidirte definitivamente a vir ao mercado libre ímosche dar algunha das vantaxes de contratar tarifas libres:

  • As tarifas son totalmente personalizadas e personalizables e poden incluír importantes descontos e ofertas para novos clientes.
  • Podemos cambiar cando queiramos a compañía. Ademais, a portabilidade dunha empresa a outra compañía -como xa ocorre noutros sectores- será tramitada pola nova comercializadora.  
  • Non existe un límite de potencia contratada como si existe no mercado regulado. Poderemos contratar máis de 10 kw, que é o establecido no mercado regulado. Polo tanto, estas tarifas son ideais para empresas e negocios que necesitan un maior consumo de enerxía.
  • Tarifas máis económicas. A posibilidade de ofrecer grandes ofertas e descontos axudaranos a aforrar moitos cartos, e facelo de maneira continuada no tempo.

Como ves, as tarifas do mercado libre son a mellor opción se buscar aforrar mensualmente na túa factura da luz. 

Que che ofrece Enerxía Galega Máis?

Como compañía que opera no mercado libre Enerxía Galega Máis pode ofrecerche unhas tarifas libres, económicas e adaptadas ás necesidades de cada consumidor.

Connosco saberás en todo momento canto gastas e como o gastas, con facturas claras e sen sorpresas.

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es.