Sistema de aerotermia

Que é a aerotermia? Todo o que precisas saber sobre esta tecnoloxía

Case con toda seguridade terás escoitado falar da aerotermia. Nos últimos tempos é un termo que aparece nas conversas sobre eficiencia enerxética e consumo sostible. Hoxe contámosche que é e como funciona.

Que é a aerotermia?

A aerotermia é un sistema de climatización. Mediante o intercambio de calor permite obter enerxía do aire e convertela en auga quente, refrixeración ou calefacción. Actualmente é o sistema de climatización máis eficiente do mercado xa que nos permite extraer ata un 75% de enerxía do propio aire sen necesidade doutro tipo de combustibles. 

A aerotermia, considerada a enerxía do futuro, permítenos extraer enerxía ambiental mesmo en situacións climáticas baixo cero, converténdoa en aire quente para as estancias ou auga quente para o uso sanitario. 

A maiores, o consumo de enerxía que fai é de aproximadamente ¼ con respecto a sistemas de climatización coma o aire acondicionado.

O uso de aerotermia combinado con enerxías renovables coma a fotovoltaica converten esta tecnolóxia en prácticamente non contaminante e absolutamente sostible e eficiente. 

O mecanismo que emprega é unha bomba de calor aire-auga que quenta ou enfría o aire e a auga da nosa vivenda. O sistema funciona de maneira que, no caso de que queiramos enfriar,a bomba absorve o calor e, como consecuencia, devólvenos aire frío e viceversa pasando por un fluido que se atopa no interior do conversor.

É rendable a aerotermia?

Nestes momentos, cando falamos de aerotermia temos que facelo en chave de inversión. Aínda que existen algunhas axudas para este tipo de instalacións, o prezo inicial dunha aerotermia anda entre os 8000 e os 20000 euros, dependendo do tipo de vivenda e dos seus requisitos.

Se ben é certo que é unha cifra da que non todo o mundo pode dispor, o aforro que nos proporciona fai que esta inversión estea amortizada nun prazo de entre 5 e 10 anos, polo tanto, compensa. De feito, o factor máis importante para o incremento do prezo da instalación é o tamaño da vivenda.

Como ves, este tipo de tecnoloxía parece o paso lóxico na procura dun futuro máis limpo, sostible e tamén económico.