Que son as comercializadoras independentes de enerxía? Por que somos independentes?

Como xa falamos anteriormente no noso blogue, as comercializadoras independentes como Enerxía Galega Máis seguen gañando terreo e xa supuñan o 16 por cento do mercado en 2019. 

A maioría das altas de novos contratos xa son realizados maioritariamente en comercializadoras independentes, e aquelas persoas ou empresas que mudaron de compañía, a maioría tamén apostaron por unha compañía independente. Pouco a pouco os consumidores foxen das grandes eléctricas escorrentados por prezos abusivos, recibos intelixibles ou a falta de ofertas vantaxosas. 

Pero agora xorde a pregunta, que entedemos como comercializadora independente de enerxía?

Que é unha comercializadora independente de enerxía?

Antes de nada cómpre explicar que entendemos como comercializadora de enerxía. As compañías comercializadoras son as encargadas de comprar a enerxía no chamado mercado por xunto (pool eléctrico) e logo vendela aos seus clientes, é dicir, é a compañía coa que xestionarás o teu contrato da luz e tamén a que che enviará a factura pola electricidade consumida. Comentar tamén que así como cada usuario pode escoller libremente a súa comercializadora, non pode facer o mesmo coa súa distribuidora. Estas son únicas para cada territorio e son as encargadas de distribuír a enerxía que as comercializadoras venden aos consumidores. 

Pero, por que somos independentes? 

Somos independentes porque operamos no mercado libre de enerxía e temos plena liberdade para fixar os nosos prezos e tamén as condicións que lle ofrecemos aos nosos clientes. Isto non acontece coas comercializadoras do mercado regulado -vencelladas a grandes compañías eléctricas que operan tamén como distribuidoras- cuxo prezo está regulado polo goberno do Estado

Comercializadora independente

Polo tanto, dada a nosa condición de compañía independente, podemos ofrecerche boas ofertas, un prezo competitivo e tamén tarifas adecuadas ás túas necesidades reais como particular ou como empresa. Outro dos nosos factores diferenciais con respecto ás grandes compañías tradicionais son unhas facturas claras e fáciles de comprender así como unhas condicións contractuais sen sorpresas nin tarifas trampa que te obriguen a pagar demais na túa factura a final de mes.

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.