Quentadores eléctricos ou de gas? Cal é a mellor opción para a túa vivenda

Se non sabes que tipo de quentador ou termo vai mellor para quentar a auga na túa vivenda ou oficina, este é o artigo que debes ler. 

O termo ou quentador

Este electrodoméstico é un dos imprescindibles en todas as vivendas. Especialmente durante o inverno, funciona durante moitas horas ao día. Aínda que non é o electrodoméstico que máis consume coma tal, escoller entre un quentador de gas ou eléctrico supón un maior aforro dependendo das condicións.

A escolla entre un e outro vai depender, fundamentalmente, do uso que lle vaiamos dar. 

O quentador de gas

Este tipo de quentadores vai quentando a auga segundo o imos precisando. Nas casas con quentador de gas, ao abrir a billa de auga quente tende a tardar un ou dous minutos en quentar porque o proceso inicia nese momento.

O gas natural é máis económico que a electricidade polo que, se imos darlle bastante uso, sae máis rendable. No caso de termos bebés ou persoas maiores na casa, se cadra é mellor opción.

Un dos inconvintes que ten este tipo de quentador é que require un caudal mínimo de auga para que o quentador se poña a funcionar. Para evitar “tirar” auga mentres quenta, podemos encher o cubo da fregona ou a regadeira e intentar ser máis eficientes no gasto.

Outro dos inconvintes que ten o quentador de gas é que é necesaria unha instalación de gas na vivenda e a contratación de revisións periódicas do quentador.

O quentador eléctrico

Os quentadores eléctricos teñen un depósito no que se mantén a auga quente. A capacidade pode variar entre os 30 e os 300 litros. 

Este tipo de quentadores son xeniais para un consumo pequeno de auga quente por dous motivos: o primeiro é que, unha vez que rematamos o depósito de auga quente, tardará unhas horas en volver a quentar xa que, a medida que imos baleirando a auga quente, vai entrando auga fría que debe volver coller temperatura.

Unha ventaxa con respecto ao anterior é que non precisa de revisións periódicas que, polo xeral, hai que pagar coa contratación do quentador de gas.

Vistas as principáis similitudes e diferenzas, esperamos que xa estedes en mellores condicións para escoller que tipo de quentador queredes para o voso fogar.