Repaso 2021

Facemos o noso repaso deste 2021

Finaliza este 2021 e queremos facer un repaso pola nosa interacción con vós.

Vir de 2020 facía pensar que todo o que puidera ofrecernos o 2021 non podía empeorar o ano máis terrible que lembramos. Se ben, non todo foi exactamente na traxectoria ascendente que debería…

O impactante inicio de ano

Nin unha semana levabamos do novo ano cando vimos unha das imaxes máis de perogrullo dos últimos anos: o asalto ao Capitolio dos Estados Unidos por un grupo de individuos disfrazados ao máis puro estilo Village People. O 2021, viña avisando de que non nos confiaramos…

Non esqueceremos tampouco a tormenta de neve Filomena, que deixou a medio Estado illado en metros de neve. 

Calle serrano cubierta de nieve en Madrid

Pero non queremos quedar coa sensación de que foi un mal ano. No blog pasámolo xenial facendo contidos para vós! Este ano procuramos facer artigos que vos fosen útiles e tamén entretidos. Esperamos sinceramente telo conseguido.

Artigos sobre aforro

Vimos, por exemplo, como aproveitar ao máximo a luz solar, como aforrar na cociña, ou como escoller os electrodomésticos máis eficientes segundo as nosas necesidades. 

Novas normativas

A aplicación dos novos tramos na tarifa da luz, foi un dos temas que máis vos preocupaban. 

Tamén foi este o ano no que se aplicou a nova normativa de tarifas de acceso de gas. Neste artigo viamos como non supuña un incremento na nosa factura, se non unha mellora no cómputo global.

Curiosidades

Desfrutamos moitísimo contándovos curiosidades sobre a enerxía e a electricidade. Por exemplo, por que sentimos electricidade cando namoramos? Ou descubrindo inventoras galegas como a grande Ánxela Ruiz Robles.

Asique, independentemente de desastres naturais ou invasións zombis, para nós foi un ano incriblemente bo por tervos como lectoras e lectores. Seguiremos traballando felices para seguir compartindo con vós consellos e peculiaridades deste apaixoante mundo da electricidade.

Grazas pola vosa confianza!

Por un 2022 cheo de Enerxía!