Aposta pola sostibilidade a través do aforro enerxético

A sostibilidade e o desenvolvemento sostible son dous termos cada vez máis presentes no noso día a día. Estos conceptos poden definirse como a satisfacción das necesidades actuais sen comprometer a capacidade de xeracións futuras de satisfacer as súas. Para que esto sexa posible é necesario garantir un equilibro entre o cuidado do medio ambiento, o crecemento económico e o benestar social. 

Cada día para nós é unha rutina que se repite constantemente desde pola mañá hasta a noite. Unha serie de accións que realizamos instintivamente sen pararnos a pensar cal pode ser o impacto ou dano que estas provocan sobre o medio ambiente e, en definitiva, sobre o planeta. Recapacitar e cambiar a forma de levar a cabo estos xestos pode contribuír a crear un mundo sostible e mellor para ti e para todos.

Chegados a este punto, a pregunta que nos xorde é: que podemos facer nós para apoiar a sostibilidade? Con un grao de area que poña cada un de nós, a realidade tanto presente coma para as xeracións futuras pode ser moi distinta. Desde Enerxía Galega Máis queremos axudarte a que contribuas a este cambio, cunha serie de boas prácticas medioambientais para o aforro de enerxía. Presta atención!

Consellos para aforrar enerxía

  • Apaga a luz sempre que ésta non sexa necesaria aproveitando ó máximo o paso da luz natural.
  • Sustitúe as lámparas incandescentes tradicionais por bombillas LED ou de baixo consumo reducindo deste xeito ata o 80% do consumo total.
  • Á hora de comprar equipos eléctricos, aposta por aqueles con maior eficiencia enerxética. Recorda fixarte na etiqueta enerxética que inclúen estos aparellos.
  • Desenchufa cargadores e equipos informáticos tales como ordenadores, fotocopiadoras ou impresoras cando estes non están en uso .
  • Un bo sistema de climatización non implica un gasto descontrolado. Existen sistemas de alta eficiencia enerxética tales como bombas de calor ou caldeiras de condesación que consumen case a metade con repeto a outros sistemas tradicionais.
  • Instala termostatos que regulen a temperatura tanto para a calefacción durante os meses de inverno como para o aire acondicionado no verán.
  • Aproveitar a temperatura do teu fogar de forma natural a través de difrentes xestos é sinxelo. No verán, entornar as ventás refrescará os diferentes espacios provocando corrientes de aire que evitarán a necesidade de ter que poñer o aire acondicionado. No inverno, as pérdidas de calor poden ser solucionadas cerrando cortinas e persianas.

Estos son só algúns dos hábitos respetuosos co medio ambiente que debes aplicar á túa rutina diaria. Compaxinándoos con outras accións coma o aforro de auga, o consumo de productos de orixen ecolóxico e local, evitar verter productos químicos á terra ou a posta en práctica das famosas 3R (reducir, reciclar e reutilizar) contribuirás á manter a sostibilidade do planeta.

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.