sistema de ventilación tradicional/como funciona o aire acondicionado

¿Estás na procura dun aire acondicionado? Este é o artigo que debes ler antes de mercar un sistema de ventilación para coñecer qué posibilidades che ofrece o mercado.

Sistemas de ventilación vs aire acondicionado

Ás veces empregamos mal o termo “aire acondicionado” xeralizando e facéndoo extensivo a calquera sistema de ventilación.

Un sistema de ventilación é calquera método mediante o cal se renove o aire dun recinto ou local. Aquí estariamos a falar de ventiladores, sistemas de renovación do aire industriais, de sistemas de enfriamento ou mesmo de xanelas.

Porén, o aire acondicionado é un sistema, polo xeral eléctrico, de enfriamento do aire.

Como vemos no cadro, o aire acondicionado non é que introduza na vivenda aire frío, senon que expulsa fóra o aire quente. 

Este circuito coñécese coma ciclo frigorífico.

En xeral, estes aparellos tenden a ser moi pouco contaminantes, se ben, por mor do aumento do teletraballo e tamén do cambio climático que produciu un aumento significativo das temperaturas nos últimos anos, vén aumentando a demanda de sistemas de refrixeración do aire nas vivendas familiares, o cal si que conleva un certo aumento da contaminación. Non tanto po,la emisión de gases, se non polo lixo que se xera.

Tipos de aire acondicionado e sistemas de ventilación máis habituais

Os ventiladores de pé ou de mesa

No caso dos lugares nos que a calor non é moi abafante, os ventiladores son unha moi boa opción para refrescar o aire mentres se está traballando ou desfrutando de tempo no fogar. Os ventiladores non enfrían o aire, se non que o seu movemento produce pequenas correntes que fan máis agradable a estancia nunha habitación. Iso si, antes de usar un ventilador lembra seguir os consellos de uso de electrodomésticos no verán para evitar calquera accidente.

Aire acondicionado para vivendas ou oficinas

Os máis habituais son os aires acondicionados coñecidos como Split. O aparello toma o aire quente da estancia expulsándoo á rúa mediante unha unidade exterior. Son moi prácticos para ofinina e o seu uso coherente non tende a supor un incremento notable na factura da luz.

Recoméndase que no verán, as estancias estean nun intervalo de entre 24 e 26 graos, xa que, deste xeito, teremos un contraste suave co exterior e o impacto medioambiental diminúe.

Aire acondicionado por condutos

Son aqueles que se empregan para refrescar distintas estancias. Tenden a usarse en grandes oficinas, en centros educativos ou en residencias. Precisan da instalación dun falso teito polo que transcorren os diferentes condutos levando cara afora o aire quente e enfriando o interior. O tipo de consumo eléctrico que fan é moito maior que o dos anteriores.

Aire acondicionado portátil

Trátase dunha pequena caixa que, ao contrario que os outros dous que nomeamos, só conta cunha unidade interior. Como norma xeral, non habitúan a ter moita potencia e poden incluír un pequeno sistema de humidificación do aire, moi práctico se habitamos entornos secos ou sufrimos sequedade na gorxa ou o nariz causada polo movemento constante do aire en interior.

Estes son os sistemas de ventilación de uso máis frecuente e, agardamos que vos dean unha pequena visión de conxunto das vosas posibilidades á hora de facervos cun sistema de ventilación para o verán.