fbpx
Aforrar nos aparellos eléctricos
enero 8, 2021 0 Categories Novas

Trucos para aforrar enerxía nos teus aparellos eléctricos

Sen dúbida, os responsables da maior parte do consumo de enerxía do noso fogar son os electrodomésticos. Por iso, cómpre seguir algúns consellos para reducir ese consumo e axudarnos a aforrar mensualmente na nosa factura.

Consellos para aforrar enerxía

Agora imos listar algúns dos electrodomésticos máis frecuentes nas nosas vivendas e uns cantos trucos para conseguir reducir o consumo enerxético.

Frigorífico ou conxelador. Un terzo do consumo enerxético asociado a aparellos eléctricos provén dos frigoríficos e dos conxeladores. O simple feito de estar ligados continuamente provoca un elevado consumo. Pero, que podemos facer para gastar menos enerxía?

  • Evita abrir innecesariamente a porta do frigorífico ou do conxelador. Por cada vez que os abres o teu consumo enerxético sobe entre un 0.2 e un 0.8 por cento.
  • Non pechar a porta dun xeito brusco. A temperatura aumenta de maneira considerable, obrigando ao aparello a facer un maior esforzo para recuperar unha temperatura óptima. 
  • Desconxela o teu conxelador a miúdo. Non deixes que a capa de xeo que se soe acumular no fondo sexa maior a 3 milímetros. Isto impedirá un bo rendemento do aparello e forza o seu motor.
  • Limpa a grella do frigorífico. Facelo unha vez cada ano reducirá o noso consumo entre un 8 e un 15 por cento. A sucidade fará que medre o consumo.
  • Regula a temperatura do conxelador entre os -15 graos e os -18 graos e non o enchas en exceso.

Forno eléctrico. Imos agora con algúns consellos para un uso eficiente dos fornos eléctricos.

  • Se a cozedura dura máis dura hora non é necesario aquecer previamente o forno.
  • Abre o menos posible a porta do forno mentres cociñas. Cada vez que o abrimos estamos perdendo gran parte da enerxía acumulada no interior.
  • Aproveita ao máximo a calor interior e apaga o forno uns 10 minutos antes de rematar o doce ou prato que esteas a facer. A calor do seu interior abondará para rematar de cociñalos.
  • Usa recipientes de cerámica ou de vidro. Reteñen mellor a calor e facilitan a diminuición da cantidad de enerxía necesaria.
  • Regula adecuadamente a temperatura. Por cada grao centímetro demais o consumo aumenta entre un 0.7 e 1 por cento. 

Lavadora. Que podemos facer se queremos aforrar?

  • Separa as roupas ao lavar por tipo de tecido, cor e grao de sucidade.
  • Adapta o programa de lavado ao tipo de roupa que queremos lavar. Non é preciso empregar programas moi longos ou de alta temperatura con roupa que non estea moi sucia.
  • Evita o prelavado. É preferible deixar previamente a roupa a remollo antes de deitala na lavadora. 
  • Usa un bo deterxente que permita que lave máis, mellor e en menos tempo.

Secadora de roupa. Para consumir menos, que che aconsellamos?

  • Secar a roupa ao sol se é posible.
  • Usar a máquina secadora cando esta estea xa chea. 
  • Limpar regularmente o filtro da nosa máquina. Isto propiciará un óptimo desempeño do electrodoméstico.

Lavalouza. Por último, imos darche algúns trucos para aforrar enerxía ao usármonos a máquina de lavar a louza. 

  • Adapta o programa do lavalouza ao nivel de sucidade da louza. Programas moi agresivos consomen moito máis. Convén usar programas de baixa temperatura se fose posible.
  • Limpa ben os grandes restos de comida cun pouco de auga antes de meter a louza dentro do electrodoméstico.
  • Procura usalo só cando estea cheo, aforrarás moito.
  • Abre o lavalouza antes do tempo programado e deixar secar ao aire libre a louza. 

Agora que xa sabes como aforrar enerxía é tempo de buscar unha empresa comercializadora fiable como Enerxía Galega Máis, a compañía de enerxía 100 por 100 galega.

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.

Leave a Comment

Your email address will not be published.