Consellos para ser eficiente enerxeticamente

Aforrar enerxía ten sentido, tanto económico como tamén medioambiental. É por iso que aplicar unhas sinxelas rutinas na nosa vida diaria pode facer que aforremos centos de euros na nosa factura da luz. 

Tendo como meta o aforro e a eficiencia enerxética desde Enerxía Galega Máis ímosche dar unha serie de consellos para lograr aforrar mes a mes na túa factura.

Que prácticas me axudarán a consumir menos enerxía e ser máis eficiente?

  • Usa con “sentidiño” o teu aparello de aire acondicionado ou calefacción. Cando fai moito frío ou moita calor unha das accións máis habituais é tentar buscar a temperatura óptima no menor tempo posible. Porén, o uso tan drástico destes aparellos poñéndoos á máxima potencia aumenta moitísimo o seu consumo. O adecuado neste caso sería quentar ou enfriar o noso fogar paseniño, sen desesperarnos. Así aforraremos moita enerxía. Neste sentido, investir en aparellos con reguladores intelixentes de temperatura pode facilitar o proceso e reducir significativamente o consumo de luz.
  • Illar convenientemente o noso fogar. Calcúlase que no outono ou no inverno o 15 ou o 20 por cento da calor escapa polas fendas e pequenos buracos de portas e ventás. Apostar por dobres ventás ou sistemas de illamento térmico que manteñan a calor dentro do fogar será unha moi boa idea para manter o interior da vivenda na temperatura óptima. 
  • Ventilar no verán. Pola contra, moitas veces recorremos ao aire acondicionado cando fai moita calor sen nos decatar que abrindo de par en par as fiestras da nosa casa podemos reducir a temperatura interior tanto ou máis que usando un aparello de aire acondicionado.
  • Instalar un deshumidificador. Se eliminamos a humidade da nosa vivenda será moito máis doado quentala e, polo tanto, necesitaremos menos enerxía para conseguir unha temperatura ideal no interior da nosa casa.
  • Regular o termostato do noso quentador. Arredor dun 20 por cento da enerxía que consumimos diariamente provén de quentar a auga. Así, reducir un par de graos a temperatura no termostato do noso quentador axudará a diminuír o  consumo de enerxía. 
  • Utiliza electrodomésticos eficientes. Substituír os vellos electrodomésticos por outros novos con sistemas de aforro intelixente pode, no longo prazo, reducir enormemente a cantidade de kilowatios consumidos anualmente. Con isto en mente cómpre botar un ollo ás etiquetas de eficiencia enerxética que veñen nos nosos electrodomésticos e escoller o que, dentro das nosas posibilidades, sexa máis eficiente. 
  • Emprega luces de baixo consumo. En moitos dos nosos pisos aínda conservamos vellas lámpadas que consomen moito máis que os sistemas de iluminación máis modernos e eficientes que permiten iluminar máis e mellor usando menos enerxía. Polo tanto, substituír as nosas lámpadas por outras de baixo consumo permitirá rebaixar considerablemente a nosa factura mensual da luz.

E para rematar imos falar dun dos factores máis determinantes para acadar esa eficiencia enerxética, a túa compañía eléctrica. Apostar por compañía fiable que nos permita acceder a grandes ofertas con tarifas personalizadas ao noso consumo e necesidades será garante de aforro e eficiencia. Nese sentido, Enerxía Galega Máis dispón dunhas extraordinarias tarifas que che facilitarán conseguir un consumo de luz eficiente. 

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.