A importancia das ventás para aforrar enerxía no fogar

Plantarlle cara ao gasto enerxético é un reto para moitos, xa sexa pola creciente concienciación polo cambio climático como polo aforro, dado o aumento do coste da electricidade visible nas facturas a finais de cada mes. 

En anteriores entradas falamos de cómo evitar un ascenso descontrolado do gasto e mostramos algúns consellos básicos para aforrar enerxía no fogar. Unha serie de hábitos respetuosos cuxa aplicación á túa rutina diaria non só será perceptible na reducción do gasto senón tamén na loita pola sostibilidade do planeta.

Hoxe en día, no momento de construcción dunha vivenda, son moitos os aspectos a ter en conta tales como un bo aislamento; un aspecto indispensable para evitar o gasto innecesario de enerxía. 

Manter unha temperatura adecuada tanto nos meses de inverno coma no verán é posible só con un bo sistema de aislamento e non se nos ocurre mellor formar de controlala que a través das ventás, lugar por onde se perde entre un 25 e un 30% da enerxía. Presta atención.

A importancia das ventás para o aforro de enerxía

Son moitas as medidas que podes tomar para aforrar enerxía no teu fogar. A pregunta é, por que o cambio de ventás é unha das prácticas máis recurridas? Contámoscho.

  • Trátase dunha obra sencilla que se pode levar a cabo en pouco tempo.
  • É máis económica có cambio doutras instalacións.
  • A súa estrutura é clave para potenciar a seguridade do fogar.
  • Unhas ventás axeitadas poden incrementar en gran medida a luz solar natural que entra na túa vivenda, podendo prescindir de este xeito da luz artificial.
  • As ventás son tamén unha forma de aislar a túa vivenda dos ruidos procedentes do exterior. 

Existen unha enorme cantidade de modelos e clases de ventás, polo que o problema xorde no momento de elexir a máis adecuada para reducir o consumo enerxético.

Escoller unha ventá aislante, por exemplo de dobre acristalamento, supón un aforro de 350 kwh ao ano, aproximadamente. Por que abusar da calefacción poidendo evitar as fugas de calor cunha boa ventá? 

Por outro banda, prestar atención ao cristal é un indespensable para obter un resultado óptimo. A mellor opción é, sen dúbida, o vidrio con dobre acristalamento, contando cunha cámara entre ambos cristais que axuda a evitar a entrada da temperatura do exterior no interior da vivenda.

Compre ter en conta, a súa vez,os materiais. O mái frecuente de atopar é o PVC, sendo este un dos materiais máis eficientes e aislantes. seguidos da madeira, que como ben é sabido, é un material aislante perfecto tanto en canto á temperatura como á acústica. 

Por último, pero non menos importante, o marco. Este é un dos principais medios de transmisión de enerxía, polo que cabe telo en conta antes de decantarse por unha opción. A transmitancia térmica do marco debe ser inferior a 2 W/m2K, evitando así o paso de aire. Entre os máis frecuentes encontranse a madeira e o PVC, en contraposición do metal, que non aporta bos resultados en canto a aislante.

Agora que xa sabes as características dunha boa ventá para reducir os costes, só tes que valorar se a túa instalación é a adecuada e se se está a producir un gasto innecesario.