Vitro vs inducción

Vitro ou indución. Cal é a cociña que mellor nos vén?

Se estás pensando en adquirir ou cambiar de cociña e pensas nunha de sistema eléctrico, axudámosche a que escollas a que máis che convén segundo o uso presente e futuro que vas facer dela.

Vitrocerámica e indución

Estes dous sistemas de cociña son superficies lisas e de alimentación eléctrica se ben, como veremos máis adiante, con diferente consumo enerxético.

As cociñas eléctricas foron inventadas en 1906 por Albert March mais a falta de potencia facíaas unha ferramenta pouco útil e custosa. Tardarían case un século en popularizarse ao punto de estar presentes en prácticamente todos os fogares das sociedades occidentais modernas. 

Pros e contras da vitrocerámica:

A favor:

  • Ten un quentamento progresivo o cal, para determinadas preparacións, pode resultar de grande utilidade.
  • Admite todo tipo de menaxe incluíndo barro e planchas.
  • É moi doada de limpar.

En contra:

  • Tarda en quentar e en enfriar. O aproveitamento do calor non resulta especialmente doado.
  • Consume moito. É unha resistencia eléctrica e, como o ferro ou o forno, é dos electrodomésticos que máis consume.
  • Pode resultar perigosa para as pequenas e pequenos se a tocan crendo que está apagada.

Pros e contras da cociña de indución:

A favor:

  • Quenta e enfría inmediatamente.
  • Gasta case un 50% menos que a vitrocerámica. O sistema da indución é un imán que, estimulado eléctricamente, produce calor. 
  • Resulta menos perigosa xa que non mantén o calor unha vez apagada.

En contra:

  • Require de menaxe específica. Os recipientes que admite son moito máis limitados que os que admite a vitro (non se pode quentar barro ou cerámica, por exemplo) e son máis caros que os “normais”.
  • Son cociñas caras, máis ou menos o doble que unha vitrocerámica. O uso que vaiamos facer da cociña determinará a amortización do gasto na mesma.
  • Non se tende a estar afeito ao fluxo de calor da indución por iso hai que adaptarse a cociñar con ela.